Un día chegamos á biblioteca e tiñamos unha sorpresa agardando por nós!
Pacho propúxonos afondar máis na grande problemática da contaminación dos océanos, e decidimos poñernos mans á obra. O primeiro que fixemos foi facer unha posta en común das nosas ideas previas e decidir entre todxs no que queriamos centrarnos en investigar.
Utilizamos diferentes fontes de información para contrastar as nosas hipóteses: páxinas web, xornais, documentais, etc, sen olvidar toda a información que acadamos nos libros da nosa biblioteca.
Chegamos á conclusión de que o maior problema que teñen os océanos son os plásticos. Investigamos o seu impacto negativo na flora e fauna mariños, e descubrimos a existencia de enormes illas de plástico nos diferentes océanos, que crecen sen parar.
Decidimos que era tempo de actuar e poñer da nosa parte para concienciar ao resto do cole sobre a necesidade de reducir o uso deste material e de reciclar en xeral. Para iso preparamos:
- Unha exposición oral que presentamos ao resto do cole, e que podedes ver na entradab do blog sobre as exposicións trimestrais sobre o proxecto.
- Unha exposición fotográfica do impacto negativo do plástico na flora e fauna dos océanos:
- Unha proposta de cadea de favores aplicado a solucionar a contaminación oceánica:
- Un rap titulado "O rap do mar", inventado por todxs nós, no que expoñemos este problema, súas causas e consecuencias e posibles solucións. Aquí vos deixamos a letra do rap. Esperamos que o poñades en práctica!
RAP DO MAR
Nenas e nenos coidade do mar,
se non cada ano
millóns de residuos
o van contaminar.
O Prestige causou un desastre natural,
que nin nós, nin ninguén, esquecerá.
O PETRÓLEO NO MAR CONTAMINA
E MATA A VIDA!!
NUNCA MÁIS! NUNCA MÁIS!
As illas de plástico hai que eliminar
e os ecosistemas mariños hai que limpar,
para así as tartarugas e a nós salvar.
A FAUNA MARIÑA HAI QUE AXUDAR!
Todos os océanos están contaminados
e todo por culpa dos seres humanos!
No océano Atlántico hai unha illa,
de 200.000 pezas de lixo por milla.
E no Pacífico hai outra illa,
de 700.000 kilómetros. Non é pequeniña!
O mar Mediterráneo está ben fastidiado,
porque do mundo, é o máis contaminado.
O mar do Caribe tamén é problemático,
con petróleo, sobrepesca e efectos do cambio climático.
O océano Índico tamén lixo comparte,
é a terceira do mundo, non a deixes aparte!
Plásticos, vidros, madeiras, metais
nestas illas deste lixo moito hai.
MOI MAL! AFECTA AOS ANIMAIS!
Estes residuos acaban, na cadea alimentaria,
de ti depende evitar, seguir a contaminar.
Coida o mar se illas de lixo non queres topar.
As 5 erres debes cumplir,
se non te queres arrepentir.
ATENCIÓN! RECICLA UN MONTÓN!
RECICLA, REUTILIZA, REDUCE, REPARA!!
FAINO POR TI. FAINO POR TODO O PLANETA. PERO FAINO!!!!!!
Comentarios
Publicar un comentario