Aproveitando que o entroido estaba á volta da esquina, o alumnado de 6º decidimos investigar sobre @s mariñeir@s, e así poder crear noso disfraze o máis parecido posible á realidade.
Buscamos información sobre súa vestimenta, modo de vida e hábitos relacionados co traballo no mar, obxectos e utensilios de pesca, etc.
Outro dos nosos obxectivos foi elaborar os disfraces e a comparsa con material reutilizado o que tiveramos pola casa ou na aula, así que nos puxemos mans á obra para reunir cartóns, las, teas...
E como non hai mariñeir@ sen embarcación, decidimos crear a nosa!
Tamén confeccionamos diferentes animais mariños para completar o barco e os disfraces.
@s lob@s de mar preparad@s para desfrutar do entroido!!
Comentarios
Publicar un comentario